Benchegados á AC Alexandre Bóveda
29
Xul
2010
Día da Galiza Mártir PDF Imprimir Correo-e
Actividades - Política/Sociedade
Escrito por Rai   
Xoves, 29 Xullo 2010 17:20

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que con motivo do Día da Galiza Mártir (17 de agosto) e en conmemoración da morte de Alexandre Bóveda levaremos a cabo os seguintes actos: 

·        Luns 16 de agosto:    Acto central ás 20:00h en Homenaxe a Alexandre Bóveda no Paseo Alexandre Bóveda da Coruña (zona Catro Camiños). En colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Intervencións institucionais e ofrenda floral ao pé do monumento a Bóveda a cargo da Concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Dna. Mª. Xosé Bravo e de D. Roberto Catoira, Presidente da nosa entidade.

Actuación musical e reparto de flores, dípticos e bandas deseñadas

sobre Alexandre Bóveda.

 

  • Martes 17: Participación nos actos do Día da Galicia Mártir que organiza a Fundación Alexandre Bóveda, da que somos parte, en Poio (Pontevedra).
 
05
Xul
2010
Conferencia sobre Lois Peña Novo PDF Imprimir Correo-e
Actividades - Política/Sociedade
Escrito por Rai   
Luns, 05 Xullo 2010 17:52

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que dentro dos actos de homenaxe a Lois Peña Novo que estamos a realizar  en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística, o vindeiro xoves 8 de xullo, terá lugar conferencia

de Manuel Roca Cendán sobre Lois Peña Novo,

en conmemoración do aniversario da primeira intervención en galego

dun político nun acto institucional.

 Será ás 20:00h. no salón de actos da asociación, con entrada aberta. 
 
05
Xul
2010
Acto cívico en lembranza do traslado dos restos de Rosalía de Castro PDF Imprimir Correo-e
Actividades - Política/Sociedade
Escrito por Rai   
Luns, 05 Xullo 2010 17:40

A Asociación de Escritores en Lingua Galega organizará o vindeiro xoves 15 de xullo un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro que se desenvolverá dacordo ao programa que se adxunta.

Desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda  estase organizando o desprazamento a Compostela en autobús que sairá ás 16:30 horas da Praza da Palloza da Coruña,

co fin de estarmos alí ás 18:00 h. para recibir o tren “Follas Novas” e sumarse ao Acto Cívico e Reivindicativo.

Para reservar praza deberás chamar á Asociación Cultural Alexandre Bóveda (981 200 869) ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .O horario de atención das chamadas é de luns a xoves de 16:30 a 19:30 h.

O prazo para reservar praza no autobús será desde o luns 5 de xullo ate o mércores 14 de xullo ás 19:30 horas. Cobraranse 2 euros para colaborar no pago do autobús.

 

Ler máis...
 
29
Xu
2010
Homenaxe a Lois Peña Novo PDF Imprimir Correo-e
Actividades - Política/Sociedade
Escrito por Rai   
Martes, 29 Xuño 2010 18:28

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro mércores 7 de xullo, terá lugar a inauguración inauguración dunha placa na Rúa Lois Peña Novo, en conmemoración do 90 aniversario da primeira intervención en galego dun político nun acto institucional.

Será ás 18:00 h, na Rúa Lois Peña Novo (zona Martinete enfrente ó tanatorio).
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 11
Venres, 30 Xullo 2010

A miña Patria natural é a Galiza. Ámoa fervorosoamente. Endexamamais a traizioaría, aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa até máis alá da miña morte. (...). Fixen canto puiden pola Galiza e máis faría se puidese. Se non podo, até gostaría de morrer pola miña Patria.

Alexandre Bóveda                  

Calendario

previous month Xullo 2010 next month
D L M Me X V S
week 26 1 2 3
week 27 4 5 6 7 8 9 10
week 28 11 12 13 14 15 16 17
week 29 18 19 20 21 22 23 24
week 30 25 26 27 28 29 30 31
donativo2_w.png
Entrar
Só rexistrados



Info
Membros : 7
Contido : 144
Ligazóns Web : 67
Visualizacións de contidos : 20363

Ondas

Imaxes

Facemos

Día da Galiza Mártir
Lun Ago 16, 2010 @20:00 - 22:00
Recendo en Cuac Fm
Mar Ago 03, 2010 @19:00 - 20:00
Reposición de Recendo en Cuac Fm
Sab Xul 31, 2010 @15:00 - 16:00

Opinas

Que pensas da nosa Agrupación
 

Axiña

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoxe357
mod_vvisit_counterOnte424
mod_vvisit_counterEsta semán2012
mod_vvisit_counterA semán pasada3094
mod_vvisit_counterEste mes13537
mod_vvisit_counterO mes pasado10404
mod_vvisit_counterTodos os días75162

Free template 'Colorfall' by [ Anch ] Gorsk.net Studio. Please, don't remove this hidden copyleft!

feed-image RSS 2.0 (Semente da páxina)