Desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda queremos convidarte a participar na: I convocatoria de mail art “Perspectivas sobre Alexandre Bóveda”. BASES DA CONVOCATORIA Convocatoria Asociación Cultural Alexandre BóvedaTema: “Perspectivas sobre Alexandre Bóveda”. Destinatarios: Poden participar todos/as as persoas que o desexen de calquera lugar do mundo. Deberan indicar nome, enderezo, lugar e pais e lema “ Perspectivas sobre Alexandre Bóveda”.
Características técnicas: · Dimensión: Tarxeta postal 15 x 10 cm · Papel ou calquera outro soporte que se adapte ás medidas. · Técnica: libre · Envío por correo postal. · Máximo dúas obras por artista Data límite: 25 de xuño de 2012. Serán expostas no 2012: xullo-agosto no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Resposta a todos/as os que participen. As obras non serán devoltas, despois das exposicións pasarán a formar parte da colección da Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Información e entrega das obras: Asociación Cultural Alexandre Bóveda.R/ Olmos 16-18, 1º. 15003 A Coruña. Galiza.
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.acalexandreboveda.org |