DESPOIS DE MÁIS DE 100 ANOS DE LOITA FEMINISTA, É CHEGADO O MOMENTO! O ano 2.010 cúmprense para as mulleres galegas dúas efemérides de grande transcendencia: -O centenario “oficial” da reivindicación dos nosos dereitos máis básicos -8 de Marzo de 1.910-. -A conmemoración dos 125 anos do pasamento da nosa poeta nacional ROSALÍA DE CASTRO, grande mestra das letras galegas e muller profundamente reivindicativa da súa identidade. Despois de todos estes anos, os tempos son chegados para: -Esixir a igualdade real, obxectiva e sen impedimentos no terreo laboral. -Esixir a valoración económica e social que dé carácter produtivo ás tarefas que ate o de agora realizan as mulleres no ámbito doméstico e familiar (especialmente a crianza e o coidado das persoas dependentes). Dende hai un ano, Marzo de 2.009, as mulleres galegas estamos a sufrir cada día retrocesos nos nosos dereitos:Agora mesmo no goberno da Xunta hai máis homes que mulleres en postos de responsabilidade. A creación da rede pública de servizos de atención ás crianzas como as galescolas, e ás persoas dependentes xa non existe. Os puntos de información e atención directa, tanto para as mulleres do ámbito rural como do urbano, están paralizados ou desmantelándose. En 35 anos desta democracia as mulleres aínda non decidimos sobre o número de crianzas que desexamos ter e os tempos apropiados para telas. Reivindicamos ser mulleres, ser traballadoras, ser iguais ante a lei, ter o noso tempo de lecer, decidir sobre a nosa capacidade de ser nais…...e contando cos tempos que corren poder seguir a transmitir con orgullo a nosa lingua e a nosa cultura.
|