Benchegados á AC Alexandre Bóveda
|
|
Actividades -
Língoa e Lliteratura
|
|
Escrito por Rai
|
|
Mércores, 09 Decembro 2009 18:03 |
|
| |
Este xoves 17 de decembro terá lugar a celebración da Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor.
Na mesma terá lugar a intervención poética de diversos integrantes desta xeración como Lino Braxe, Manuel Rivas, Miguel Mato, Xosé Devesa, Miguel Anxo Fernán Vello, Xulio L. Valcarcel ou Xavier Seoane
Será no teatro Rosalía de Castro, ás 20:30 h. con entrada gratuíta. |
|
|
Actividades -
Outros/Varios
|
|
Escrito por Rai
|
|
Luns, 23 Novembro 2009 20:27 |
|
| |
A Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa entregou en Compostela os seus galardóns en varias categorías Os Premios Cunca das Artes 2009, que entrega a Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP) a "aquelas persoas o asociacións que levan tempo adicándose a traballar pola arte e a cultura de Galiza", convertiron a Asociación de Empresarios do Tambr e nunha gran fiesta, na que non faltou a inauguración dunha nova exposición artística con pintura e escultura ideada por profesionais de Coimbra. Entre os galardoados atopabase a nosa entidade que recolleu o premio no apartado de asociacións xunto coa entidade Lúa chea. |
|
Ler máis...
|
|
|
Actividades -
Outros/Varios
|
|
Escrito por Victoria
|
|
Martes, 17 Novembro 2009 20:28 |
|
| |
Sábado 12 de decembro na Raxaría As Neves, ás 22:00 horas. Cea de socios e socias da Asociación Cultural Alexandre Bóveda na Raxaría As Neves, ás 22:00 horas do Sábado 12 de Decembro. |
|
|
Opinión -
Artigos
|
|
Escrito por Fernán Vello
|
|
Venres, 14 Agosto 2009 17:15 |
|
| |
Miguel Anxo Fernán Vello (Publicado en "El Correo Gallego", xoves 10 de xaneiro de 2002)
Ninguén pon en dúbida a estas alturas a importancia que tiveron e teñen as asociacións culturais en todo o que atinxe á creación e á activación do tecido cultural galego. Ou dito doutro xeito, as asociacións culturais foron, no plano histórico, a maior enerxía constructiva e restauradora da nosa cultura e moitas seguen a ser na actualidade auténticas plataformas de animación cultural, casas vivas onde se produce o encontro entre a tradición e a creatividade, a identidade e a universalidade, e onde brillan as luces desa intelixencia cordial que conecta coas raíces da terra e nos permite con sensibilidade identificar o mundo. Asociacións culturais como O Galo de Santiago ou como O Facho de A Coruña, camiño xa de cumprir as dúas 40 anos ao servizo da cultura galega, son referentes imprescindíbeis e de alta calidade nese proceso de revitalización e de dignificación dos valores culturais: entre eles o idioma, centro fundamental da acción reivindicativa e universalizadora que as asociacións culturais galegas desenvolveron sobre todo baixo a dictadura franquista.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 10 de 12 |
|
A miña Patria natural é a Galiza. Ámoa fervorosoamente. Endexamamais a traizioaría, aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa até máis alá da miña morte. (...). Fixen canto puiden pola Galiza e máis faría se puidese. Se non podo, até gostaría de morrer pola miña Patria. Alexandre Bóveda |
|
|
|
Info |
Membros : 7
Contido : 149
Ligazóns Web : 67
Visualizacións de contidos : 22571
|
|
|
|
|
© acalexandreboveda.org. Feito con Joomla!. Valid XHTML and CSS.
Free template 'Colorfall' by [ Anch ] Gorsk.net Studio. Please, don't remove this hidden copyleft!
|
RSS 2.0 (Semente da páxina) |
|