Benchegados á AC Alexandre Bóveda
|
|
Actividades -
Política/Sociedade
|
|
Escrito por Rai
|
|
Xoves, 29 Xullo 2010 17:20 |
|
| |
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que con motivo do Día da Galiza Mártir (17 de agosto) e en conmemoración da morte de Alexandre Bóveda levaremos a cabo os seguintes actos: · Luns 16 de agosto: Acto central ás 20:00h en Homenaxe a Alexandre Bóveda no Paseo Alexandre Bóveda da Coruña (zona Catro Camiños). En colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. Intervencións institucionais e ofrenda floral ao pé do monumento a Bóveda a cargo da Concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Dna. Mª. Xosé Bravo, de D. Roberto Catoira , presidente da nosa entidade e do secretario da Real Academia Galega, D. Xosé Luís Axeitos. Actuación musical e reparto de flores, dípticos e bandas deseñadas sobre Alexandre Bóveda. |
|
|
Actividades -
Política/Sociedade
|
|
Escrito por Rai
|
|
Luns, 05 Xullo 2010 17:52 |
|
| |
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que dentro dos actos de homenaxe a Lois Peña Novo que estamos a realizar en colaboración coa Concellaría de Norm alización Lingüística, o vindeiro xoves 8 de xullo, terá lugar conferencia de Manuel Roca Cendán sobre Lois Peña Novo, en conmemoración do aniversario da primeira intervención en galego dun político nun acto institucional. Será ás 20:00h. no salón de actos da asociación, con entrada aberta. |
|
|
Actividades -
Política/Sociedade
|
|
Escrito por Rai
|
|
Luns, 05 Xullo 2010 17:40 |
|
| |
A Asociación de Escritores en Lingua Galega organizará o vindeiro xoves 15 de xullo un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro que se desenvolverá dacordo ao programa que se adxunta. Desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda estase organizando o desprazamento a Compostela en autobús que sairá ás 16:30 horas da Praza da Palloza da Coruña, co fin de estarmos alí ás 18:00 h. para recibir o tren “Follas Novas” e sumarse ao Acto Cívico e Reivindicativo. Para reservar praza deberás chamar á Asociación Cultural Alexandre Bóveda (981 200 869) ou a través do correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.O horario de atención das chamadas é de luns a xoves de 16:30 a 19:30 h. O prazo para reservar praza no autobús será desde o luns 5 de xullo ate o mércores 14 de xullo ás 19:30 horas. Cobraranse 2 euros para colaborar no pago do autobús. |
|
Ler máis...
|
|
|
Actividades -
Política/Sociedade
|
|
Escrito por Rai
|
|
Martes, 29 Xuño 2010 18:28 |
|
| |
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro mércores 7 de xullo, terá lugar a inauguración inauguración dunha placa na Rúa Lois Peña Novo, en conmemoración do 90 aniversario da primeira intervención en galego dun político nun acto institucional. Será ás 18:00 h, na Rúa Lois Peña Novo (zona Martinete enfrente ó tanatorio). |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 2 de 12 |
|
A miña Patria natural é a Galiza. Ámoa fervorosoamente. Endexamamais a traizioaría, aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa até máis alá da miña morte. (...). Fixen canto puiden pola Galiza e máis faría se puidese. Se non podo, até gostaría de morrer pola miña Patria. Alexandre Bóveda |
|
|
|
Info |
Membros : 7
Contido : 149
Ligazóns Web : 67
Visualizacións de contidos : 22971
|
|
|
|
|
© acalexandreboveda.org. Feito con Joomla!. Valid XHTML and CSS.
Free template 'Colorfall' by [ Anch ] Gorsk.net Studio. Please, don't remove this hidden copyleft!
|
RSS 2.0 (Semente da páxina) |
|