Benchegados á AC Alexandre Bóveda
13
Ago
2009
A festa do Tacón PDF Imprimir Correo-e
Opinión - Artigos
Escrito por Acab   
Xoves, 13 Agosto 2009 22:36
Crónica publicada en A gaita gallega, Ano I, Tocata Segunda (A Habana, 2 de Agosto de 1885), pp. 1-2, sob o pseudónimo Roque das Mariñas.

Sempre tuveron n-o peito d'os gallegos cariñoso agarimo as ideas de caridá misturadas c'o santo antusiasmo pol-a pátrea: n-a noite d'o veint' e cinco d'o derradeiro mes dimos unha proba d'ista verdá.
Pol-a tarde d'ese cobizado dia non pensaban os gallegos mais que n-a festa que se proparaba. Todol-os sembrantes revertian alegria, todol-os corazós latexaban á impulsos d'os recordos mais ledos e feiticeiros. As gaitas deixaban ouvir de vez en cando os seus tenros conceutos, xa co'a churrusqueira muiñeira, xa co'a vagarosa e sempre divina alborada.
Os foguetes estalaban tamén n-os aires semellándonos estar n-a nosa terriña, e relembrando aqueles tempos en qu'ainda non probáramos o acedo pan d'o emigrado. ¡Non sei que sentemento estrano teñen pra min os foguetes! «Eles —como dí O Tio Marcos,— son chamada d'outros tempos pr'os vellos, estrondo de pracer e barullo pr'os mozos e mozas, aviso d'o ceo que sai d'a terra pr'os rapaces.... Os de tres estalos son unha caste de castañolas aéreas tocadas por riseiras e fantásticas virxes que levan por manto o longo espacio, por ollos as estrelas, por alento as arroubadoras brisas.»
N-a tarde de que falo, eran os foguetes á voz d'a Caridá e d'a Pátrea, y-os gallegos entenderon isa misteirosa parola.
Ler máis...
 
04
Ago
2009
Ofrenda Floral a Ánxel Casal PDF Imprimir Correo-e
Actividades - Outros/Varios
Escrito por Acab   
Martes, 04 Agosto 2009 21:28
Anxel CasalEnmarcada nos actos conmemorativos co gallo do "Día da Galiza Mártir" do 17 de Agosto do 2009, terá lugar unha ofrenda floral na honra de Anxel Casal no cemiterio do Santo Amaro na Coruña o Luns 17 de agosto do 2009 ás 17:30h. En colaboración coa AAVV Monte Alto e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.
 
04
Ago
2009
Ofrenda Floral a Alexandre Bóveda PDF Imprimir Correo-e
Actividades - Outros/Varios
Escrito por Acab   
Martes, 04 Agosto 2009 20:19

Alexandre Bóveda

Enmarcada nos actos conmemorativos co gallo do "Día da Galiza Mártir" do 17 de Agosto do 2009, terá lugar unha ofrenda floral, con intervencións institucionais e actuación musical no monumento a Alexandre Bóveda na Praza da liberdade de San Pedro de Nós (Oleiros-A Coruña), en colaboración co Concello de Oleiros, ás 18:00 h o domingo 16 de agosto do 2009.

 
01
Ago
2009
Os 5 dedos de Bóveda PDF Imprimir Correo-e
Opinión - Artigos
Escrito por Xoán Abeleira   
Sábado, 01 Agosto 2009 20:19

Xoán Abeleira

Dúas imaxes véñenme á cabeza ó lembra-la inauguración do novo Paseo Alexandre Bóveda. Unha é a das  pegadas dos cinco dedos da man dereita do "motor do galeguismo", que quedaron rexistradas á forza na súa ficha policial. A outra é a das bágoas que sorprendín baixo as gafas de Lino Braxe, compañeiro de páxina e de oficio, xusto no intre en que dous brazos de distinta ideoloxía desvelaban esa placa. Das pegadas acordeime ise día, fitando a toda esa xente que, de socate, deveu para min en cada unha das raias daquil ser intelixente e bo ó que uns fulanos que non eran dignos nin de lustrarlle os zapatos cribaron contra a cortiza dun piñeiro. Daquela, as bágoas que se lle escaparon a Lino Braxe, erguéronse ante os meus ollos coma o símbolo natural do que aló estaba a acontecer.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 12
Xoves, 09 Setembro 2010

A miña Patria natural é a Galiza. Ámoa fervorosoamente. Endexamamais a traizioaría, aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa até máis alá da miña morte. (...). Fixen canto puiden pola Galiza e máis faría se puidese. Se non podo, até gostaría de morrer pola miña Patria.

Alexandre Bóveda                  

Calendario

previous month Septembro 2010 next month
D L M Me X V S
week 35 1 2 3 4
week 36 5 6 7 8 9 10 11
week 37 12 13 14 15 16 17 18
week 38 19 20 21 22 23 24 25
week 39 26 27 28 29 30
donativo2_w.png
Entrar
Só rexistrados



Info
Membros : 7
Contido : 149
Ligazóns Web : 67
Visualizacións de contidos : 22972

Ondas

Imaxes

Facemos

Recendo en Cuac Fm
Mar set 14, 2010 @19:00 - 20:00
Reposición de Recendo en Cuac Fm
Sab set 11, 2010 @15:00 - 16:00
Exposición fotográfica
Xov set 09, 2010 @20:00 - 21:00

Opinas

Que pensas da nosa Agrupación
 

Axiña

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoxe70
mod_vvisit_counterOnte341
mod_vvisit_counterEsta semán729
mod_vvisit_counterA semán pasada2431
mod_vvisit_counterEste mes2760
mod_vvisit_counterO mes pasado8872
mod_vvisit_counterTodos os días87416

Free template 'Colorfall' by [ Anch ] Gorsk.net Studio. Please, don't remove this hidden copyleft!

feed-image RSS 2.0 (Semente da páxina)