|
|
Fotografías de Ignacio Samaniego "Chiflo" |
|
|
|
|
Escrito por Rai
|
|
Martes, 29 Xuño 2010 18:20 |
|
| |
| A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro martes 6 de xullo, terá lugar a inauguración da exposición de fotografía de Ignacio Samaniego “Chiflo” Será ás 19:30 h, no salón de actos da asociación. A exposición permanecerá aberta até o 31 de agosto.
Chámome Ignacio Samaniego. Nacido en Ordizia, Guipuzcoa. A miña vida transcorre entre o País Vasco, Navarra e Andalucía. Funme a Navarra interno e posteriormente a Sevilla, onde comecei os meus estudos universitarios. A continuación e por motivos laborais despraceime a Málaga, cidade na que resido actualmente. A miña afección pola fotografía comezou dende moi novo, autodidacta e sempre probando cousas novas. Montei na casa un laboratorio fotográfico en B/N, aí picoume a afección e fixen algunha exposición en locais de amigos e colegas de profesión. Posteriormente co comezo do sistema dixital, a revolución véuseme enriba e xa como poderedes ver nas miñas fotos, xogar con montaxes e cousas raras (as ideas víñanme unha enriba doutra), fíxose unha realidade que foi tomando corpo. Gustaríame que falásedes con fotógrafos de Galicia sobre o que pensan da miña obra, cito a Román Montesinos, Fergaba, Juan 3,14, o mestre Carlos Valcárcel, etc. Anímome a expoñer en Málaga en dous individuais. Colaboro nalgunhas colectivas e animado por amigos comezo a ofrecer a miña obra, tendo fotos nalgunhas coleccións privadas. Subo fotos a internet e o ter sido seleccionada máis dunha das miñas fotografías en foros de prestixio, é o que me segue empurrando a seguir facendo probas e loucuras; de aí o meu nome en internet Chiflo. A verdade non sei que máis contarvos. |
|
Última actualizaciónfeita en Martes, 29 Xuño 2010 18:20 |
|
A miña Patria natural é a Galiza. Ámoa fervorosoamente. Endexamamais a traizioaría, aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa até máis alá da miña morte. (...). Fixen canto puiden pola Galiza e máis faría se puidese. Se non podo, até gostaría de morrer pola miña Patria. Alexandre Bóveda |
|
|
|
|
|
© acalexandreboveda.org. Feito con Joomla!. Valid XHTML and CSS.
Free template 'Colorfall' by [ Anch ] Gorsk.net Studio. Please, don't remove this hidden copyleft!
|
|
|