Política e sociedade
30
Ago
2010
II PREMIO DE ENSAIO CURTO “ALEXANDRE BÓVEDA” PDF Imprimir Correo-e
( 0 Votos )
Política/Sociedade
Escrito por Rai   
Luns, 30 Agosto 2010 18:17

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa da apertura do prazo de presentación de obras para o

II PREMIO DE ENSAIO CURTO  “ALEXANDRE BÓVEDA”  

 

BASES

 

PRIMEIRA

A AC Alexandre Bóveda convoca a II edición do Premio de Ensaio Curto “Alexandre Bóveda”, co obxecto de honrar a figura do insigne galeguista, ben como premiar un traballo que signifique unha contribución ao pensamento e a reflexión sobre a Galiza actual.O tema para desenvolver na presente convocatoria será, como no seu día xa fixera Alexandre Bóveda, a análise económica de Galiza, en calquera das súas facetas. 

SEGUNDA

Poderá participar calquera persoa que o desexar.  

Última actualizaciónfeita en Luns, 30 Agosto 2010 18:23
Ler máis...
 
10
Ago
2010
Homenaxe aos mártires galeguistas en Oleiros PDF Imprimir Correo-e
( 0 Votos )
Política/Sociedade
Escrito por Rai   
Martes, 10 Agosto 2010 16:38


Ás 20h00 do próximo martes 17 de agosto e organizado polo BNG de Oliros coa colaboració da AC Alexandre Bóveda e a Asociación Vieiros, terá lugar unha oferenda floral na homenaxe do Día da Galiza Mártir cunha interpretación de música do noso país e coas intervencións de Fina Quintáns, portavoz do BNG no Concello de Oleiros, Xosé Manuel Sánchez Rei, vicepresidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, e Xosé Manuel Eirín, vicepresidente da Asociación Cultural Vieiros, que falarán respeito da importancia desta data, da figura de Alexandre Bóveda e da importancia da restauración da memoria histórica e de lembrarmos aquelas persoas que deron a vida ou que lla quitaron por defenderen o país, a democracia e os valores de igualdade e dunha sociedade xusta e libre. O acto contará tamén coa presenza da destacada actriz galega Isabel Risco. Finalizará a homenaxe coa interpretación musical do Hino Galego. Este ano cúmprense 14 anos desde que se comezou a organizar por parte do BNG de Oleiros esta homenaxe na Praza da Liberdade de Nós.

Última actualizaciónfeita en Martes, 10 Agosto 2010 16:40
 
29
Xul
2010
Día da Galiza Mártir PDF Imprimir Correo-e
( 0 Votos )
Política/Sociedade
Escrito por Rai   
Xoves, 29 Xullo 2010 17:20

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que con motivo do Día da Galiza Mártir (17 de agosto) e en conmemoración da morte de Alexandre Bóveda levaremos a cabo os seguintes actos: 

·        Luns 16 de agosto:    Acto central ás 20:00h en Homenaxe a Alexandre Bóveda no Paseo Alexandre Bóveda da Coruña (zona Catro Camiños). En colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Intervencións institucionais e ofrenda floral ao pé do monumento a Bóveda a cargo da Concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Dna. Mª. Xosé Bravo, de D. Roberto Catoira, presidente da nosa entidade e do secretario da Real Academia Galega, D. Xosé Luís Axeitos.

Actuación musical e reparto de flores, dípticos e bandas deseñadas

sobre Alexandre Bóveda.

 

  • Martes 17: Participación nos actos do Día da Galicia Mártir que organiza a Fundación Alexandre Bóveda, da que somos parte, en Poio (Pontevedra).
Última actualizaciónfeita en Martes, 10 Agosto 2010 16:41
 
05
Xul
2010
Conferencia sobre Lois Peña Novo PDF Imprimir Correo-e
( 2 Votos )
Política/Sociedade
Escrito por Rai   
Luns, 05 Xullo 2010 17:52

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que dentro dos actos de homenaxe a Lois Peña Novo que estamos a realizar  en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística, o vindeiro xoves 8 de xullo, terá lugar conferencia

de Manuel Roca Cendán sobre Lois Peña Novo,

en conmemoración do aniversario da primeira intervención en galego

dun político nun acto institucional.

 Será ás 20:00h. no salón de actos da asociación, con entrada aberta. 
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4
Xoves, 09 Setembro 2010

A miña Patria natural é a Galiza. Ámoa fervorosoamente. Endexamamais a traizioaría, aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa até máis alá da miña morte. (...). Fixen canto puiden pola Galiza e máis faría se puidese. Se non podo, até gostaría de morrer pola miña Patria.

Alexandre Bóveda                  

Calendario

previous month Septembro 2010 next month
D L M Me X V S
week 35 1 2 3 4
week 36 5 6 7 8 9 10 11
week 37 12 13 14 15 16 17 18
week 38 19 20 21 22 23 24 25
week 39 26 27 28 29 30
donativo2_w.png
Entrar
Só rexistrados



Ondas

Imaxes

Facemos

Recendo en Cuac Fm
Mar set 14, 2010 @19:00 - 20:00
Reposición de Recendo en Cuac Fm
Sab set 11, 2010 @15:00 - 16:00
Exposición fotográfica
Xov set 09, 2010 @20:00 - 21:00

Axiña

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoxe70
mod_vvisit_counterOnte341
mod_vvisit_counterEsta semán729
mod_vvisit_counterA semán pasada2431
mod_vvisit_counterEste mes2760
mod_vvisit_counterO mes pasado8872
mod_vvisit_counterTodos os días87416

Free template 'Colorfall' by [ Anch ] Gorsk.net Studio. Please, don't remove this hidden copyleft!

feed-image RSS 2.0 (Semente da páxina)