|
|
Presentación de Organoloxía de Eva Moreda |
|
|
|
|
Escrito por Rai
|
|
Martes, 22 Xuño 2010 17:02 |
|
| |
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro martes 29, terá lugar a presentación do libro Organoloxía de Eva Moreda. Eva Moreda. Veiga (Asturias) 1981 Licenciada en Filoloxía Clásica e Musicología, actualmente prepara a tese de doutoramento en Historia da Música na Universidade de Londres, publicou xa Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota (1997), coa que conseguiu o premio Rúa Nova 33 que organiza a Fundación Caixa Galicia; O demo e o profundo mar azul (2003), Singularis Domitilla (2004) e O país das bestas (2009). Esta última obra quedou finalista do premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Escritores á mellor ficción do ano. Organoloxía estará nas librarías da man de Edicións Positivas desde o mes de maio. Será ás 20:30 h, no salón de actos da asociación, con entrada aberta. |
|
Última actualizaciónfeita en Martes, 22 Xuño 2010 17:04 |
|
Ler máis...
|
|
|
Recital poético de Enma Pedreira |
|
|
|
|
Escrito por Rai
|
|
Luns, 07 Xuño 2010 19:06 |
|
| |
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro venres 11 de xuño, terá lugar un Recital poético a cargo de Enma Pedreira. A autora xunto con Teresa Seara e Eva Veiga lerán poemas do traballo Xoguetes póstumos e dun novo traballo en preparación. Tamén nos acompañará a ilustradora Ana Cibeira con algunhas das súas obras que acompañaron o último libro de Enma Pedreira. Será ás 20:00 h, no salón de actos da asociación, con entrada aberta. |
|
Última actualizaciónfeita en Luns, 07 Xuño 2010 19:06 |
|
Ler máis...
|
|
|
Conferencia de Iria Malvar: O erotismo tamén é liberador |
|
|
|
|
Escrito por Rai
|
|
Martes, 09 Marzo 2010 19:33 |
|
| |
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda finaliza as súas actividades por mor da conmemoración do Día Internacional da Muller. Nesta ocasión contaremos con Iria Malvar que dentro do ciclo: Outras miradas que nos fagan mulleres impartirá unha charla coloquio baixo o título O erotismo tamén é liberador, organizada pola Comisión da Muller da AC Alexandre Bóveda. Será o luns 15 de marzo ás 20:00 h. DESPOIS DE MÁIS DE CEN ANOS DE LOITA FEMINISTA É CHEGADO O MOMENTO |
|
Última actualizaciónfeita en Martes, 09 Marzo 2010 19:34 |
|
|
Conferencia: Cen anos de feminismo |
|
|
|
|
Escrito por Rai
|
|
Martes, 09 Marzo 2010 19:26 |
|
| |
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda continua coas súas actividades por mor da conmemoración do Día Internacional da Muller. Nesta ocasión contaremos con Carmela Garrido e Victoria Louro para falar nunha conferencia coloquio sobre Cen anos de feminismo, organizada pola Comisión da Muller da AC Alexandre Bóveda. Será este venres 12 de marzo ás 20:00 h. DESPOIS DE MÁIS DE CEN ANOS DE LOITA FEMINISTA É CHEGADO O MOMENTO |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |