Língoa e Literatura
18
Mai
2010
Presentación de Lingua de calidade de Xosé Ramón Freixeiro PDF Imprimir Correo-e
( 0 Votos )
Língoa e Lliteratura
Escrito por Rai   
Martes, 18 Maio 2010 18:18

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro luns 24 de maio, terá lugar a presentación do libro Lingua de calidade.  Vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro e posterior charla de  Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Lingua de calidade, editado por Edicións Xerais de Galicia, pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro. Aínda que boa parte desas receitas son de natureza lingüístico-gramatical (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas ou pragmáticas), tamén se inclúen algunhas reflexións que pretenden contribuír para o fortalecemento da nosa autoestima lingüística, tentando desfacer de paso algunhas ideas preconceptuosas sobre a súa historia e situación actual. Un galego de calidade utilizado oralmente e por escrito por persoas orgullosas e conscientes da importancia do seu idioma é a fórmula máis acaída para garantirmos o seu futuro.

Será ás 20:30 h, no salón de actos da asociación, con entrada libre. 

Última actualizaciónfeita en Luns, 07 Xuño 2010 17:19
Ler máis...
 
06
Mai
2010
Conferencia de Manuel Castelao sobre Novoneyra PDF Imprimir Correo-e
( 0 Votos )
Língoa e Lliteratura
Escrito por Rai   
Xoves, 06 Maio 2010 18:37

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro mércores 12 de maio e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, terá lugar a conferencia Regreso a 'Os eidos' de Manuel Castelao sobre Uxío Novoneyra.

 Será ás 20:30 h, no salón de actos da asociación, con entrada libre. 

Manuel Castelao, investigador incansable e estudoso da lingua, ven de publicar o libro Novoneyra/Celso Emilio, un traballo editado por Laiovento que se une ás celebracións do Día das Letras.No libro Castelao realiza un percorrido pola obra senlleira do autor do Courel, Os eidos, a tentar facer accesíbel a enorme riqueza dese universo poético. Completa o volume un ensaio sobre a Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, caracterizado pola vontade de facer accesíbel a experiencia literaria, tarefa esta máis premente cando, opina o autor, "na actual sociedade da vídeoconsola, os clásicos poderían parecer inactuais".

Última actualizaciónfeita en Martes, 18 Maio 2010 18:22
 
06
Mai
2010
Curso de perfeccionamento de galego PDF Imprimir Correo-e
( 0 Votos )
Língoa e Lliteratura
Escrito por Rai   
Xoves, 06 Maio 2010 18:23

 A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que os vindeiros luns 10 e martes 11 de maio, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas terá lugar un curso intensivo de perfeccionamento de galego, intitulado Por un modelo digno de lingua. 

Será de 20:00 h. a 22:00 h., no salón de actos da asociación, a cargo do profesor da Universidade da Coruña, D. Xosé M. Sánchez Rei. 

O curso é totalmente gratuíto.

Última actualizaciónfeita en Martes, 18 Maio 2010 18:22
Ler máis...
 
20
Abr
2010
Presentación Do corpo e a súa ausencia de Medos Romero PDF Imprimir Correo-e
( 0 Votos )
Língoa e Lliteratura
Escrito por Rai   
Martes, 20 Abril 2010 18:42

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro martes 27 de abril,

 terá lugar a presentación do libro Do corpo e a súa ausecia de Medos Romero.

A autora estará acompañada por Xulio López Valcarcel e Dores Sánchez Alegre. 

Será ás 20:30 h. no salón de actos da asociación. 

Última actualizaciónfeita en Venres, 30 Abril 2010 17:53
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 6
Sábado, 04 Setembro 2010

A miña Patria natural é a Galiza. Ámoa fervorosoamente. Endexamamais a traizioaría, aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa até máis alá da miña morte. (...). Fixen canto puiden pola Galiza e máis faría se puidese. Se non podo, até gostaría de morrer pola miña Patria.

Alexandre Bóveda                  

Calendario

previous month Septembro 2010 next month
D L M Me X V S
week 35 1 2 3 4
week 36 5 6 7 8 9 10 11
week 37 12 13 14 15 16 17 18
week 38 19 20 21 22 23 24 25
week 39 26 27 28 29 30
donativo2_w.png
Entrar
Só rexistrados



Ondas

Imaxes

Facemos

Exposición fotográfica
Xov set 09, 2010 @20:00 - 21:00
Recendo en Cuac Fm
Mar set 07, 2010 @19:00 - 20:00
Reposición de Recendo en Cuac Fm
Sab set 04, 2010 @15:00 - 16:00

Axiña

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoxe373
mod_vvisit_counterOnte308
mod_vvisit_counterEsta semán2074
mod_vvisit_counterA semán pasada2228
mod_vvisit_counterEste mes1330
mod_vvisit_counterO mes pasado8872
mod_vvisit_counterTodos os días85986

Free template 'Colorfall' by [ Anch ] Gorsk.net Studio. Please, don't remove this hidden copyleft!

feed-image RSS 2.0 (Semente da páxina)